ColaboraciónsDeportesOpiniónÚltima hora

O #RíoMola FS vence ao campión de copa cun gol de Pi

Este equipo de Río corta así a súa mala racha de resultados e volve a engancharse aos postos altos da liga
A imaxe é da celebración da vitoria no vestiario tralo encontro./ Foto:  #RíoMola FS.
A imaxe é da celebración da vitoria no vestiario tralo encontro./ Foto: #RíoMola FS.

Tres partidos con morbo nesta fin de semana. Aparte do Barsa-Madrid e do Celta-Depor, toda a atención centrábase no #RíoMola FS-Esgos no pavillón de Maceda. Tralo fracaso do #RíoMola FS na Final Four da Copa de Maceda onde o Esgos fíxose co trofeo, voltaban a verse as caras o equipo de moda da provincia de Ourense, o #RíoMola FS, e o campión de copa, o Esgos.

O #RíoMola tiña moitísimas baixas por diversos motivos e só 6 xogadores puideron desprazarse a Maceda para este crucial partido de liga. Nun partido moi físico no que os 2 equipos estaban máis pendentes de non cometer erros que de arriscar para marcar, cando o 0-0 parecía que ía a ser o resultado final, unha xenialidade de Pedro Arias “Pi” asombrou a todos os espectadores do pavillón e conseguíu marcar un gol que non só vale 3 puntos, senón unha inxección de alegría para a Ríada, os siareiros do #RíoMola, tralo fracaso copeiro.

1-0 foi o resultado final con vitoria para o #RíoMola FS que corta así a súa mala racha de resultados e volve a engancharse aos postos altos da liga. Para a semana desputarase o derbi entre o #RíoMola FS e o Colinas FS de Castro Caldelas. De momento este ano enfrontáronse 3 veces, na ida na liga e 2 en copa, nas que as 3 veces a victoria foi para os do #RíoMola FS.

Crónica e foto: #RíoMola FS.

Artigos relacionados

Back to top button