Hoxe é un día animado na Rúa. Malia a situación sanitaria, a feira e o pasarrúas da charanga Louband daban ambiente ao día 7 de agosto, un dos días das Festas de Verán neste concello ourensán.
Nestas imaxes e vídeos cedidos por un colaborador podemos ver á charanga en plena actuación diante da praza do Concello, xunto na rúa de acceso á feira en Fontei.