DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa-Valdeorras C.F. regresa á senda das vitorias

O equipo feminino vencía pola mínima á Xuventu Aguiño S.D. no campo rues do Aguillón

Tres xornadas levaban as rapazas do Rúa sen puntuar. Dúas por derrota (en Betanzos e en casa contra Villestro) e outra pola suspensión do encontro a disputar a pasada fin de semana en San Lázaro. E de novo regresaban á senda das vitorias, no seu propio campo.

Pola mínima, vencía o equipo valdeorrés ás coruñesas da Xuventu Aguiño S.D. na tarde do 18 de marzo no Aguillón. O partido comezaba con dez minutos de retraso por mor dunha intensa treboada que deixaba o terreo de xogo momentaneamente cuberto de sarabia, e o gol temperán de Carlota daba a vitoria ao conxunto local (1-0) sen máis goles en todo o encontro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button