DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa-Valdeorras CF celebra o Día da Nai goleando ao Atlético Estrada

Sabela marcou 4 dos 7 goles locais no partido da xornada 22ª disputado no campo do Aguillón

Despois da última derrota no campo do Santiso FC (7-1) cun único tanto de Isa, o Rúa-Valdeorras CF tiña ganas de desquitarse. E facíao na calurosa tarde do 6 de maio, Día da Nai, vencendo por 7 goles a 0 ao Atlético Estrada (faroliño vermello) no campo rues do Aguillón.

Carlota adiantaba ás locais no minuto 7 e os catro goles seguintes foron obra da capitana, Sabela. Marcaba no minuto 21 e no 49 da primeira parte e tamén no 54 e no 67 xa da segunda. Carlota marcaba o quinto no 68′ e Samanta poñía o broche co sétimo no minuto 81.

O próximo partido de liga levará ás rapazas de Ricardo Basteiro ata Muros para enfrontarse á ED Os Miudos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button