DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa-Valdeorras CF golea a un Atl. Estrada desdebuxado

Co 10-0 remataba o encontro da xornada 24ª disputado no campo do Aguillón

Moi pouco puderon facer as xogadoras do Atl. Estrada na súa visita ao campo rues do Aguillón diante das valdeorresas que saíron motivadas e acabaron dominando o terreo de xogo e o partido.

Ás cinco da tarde do 2 de abril comezaba o encontro correspondente á 24ª xornada de liga na segunda división feminina e aos poucos minutos o Rúa-Valdeorras CF adiantábase no marcador cun gol de Silvia. Candela marcaba o segundo tres minutos despois e as locais apenas saían da portería visitante co cal os 10 goles que acabaron sumando (outro de Candela, dous de Carol, outros dous de Silvia, un de Isa, un de Rafaela e un de Ana B) podían ter sido moitos máis. Con este resultado, as da Estrada continúan no fondo da clasificación e as valdeorresas suman tres puntos e mantéñense no quinto posto.

Coa Semana Santa polo medio, as rapazas non volverán xogar ata o 23 de abril. O Rúa farao de novo en casa ante o Armenteira CF (penúltimo clasificado).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button