Terceiro partido e terceira vitoria. Cun contundente 1-6 remataba o partido da xornada 3 disputado entre o Cidade de As Burgas ‘B’ e o Rúa Valdeorras FSF disputado na xornada do domingo 20 de outubro no Pavillón dos Remedios Anexo, en Ourense.
Era Marta quen adiantaba ás valdeorresas co primeiro gol no minuto 11, volvendo anotar no 22′. As rapazas de ‘Jovito’ segguían presionando e no minuto 27 Leticia poñía o 0-3 no marcador. No 39′ marcaba Sabela e pouco despois (no 47′) Alba poñía o 0-5. Intentando acurtar distancias as ourensáns marcaban no 48′ pero só un minuto despois Lola poñía o 1-6 final.

Con este resultado o Rúa Valdeorras FSF lidera a clasificación con 9 puntos. O seguinte partido será en casa, no Pavillón Vitorino Núñez da Rúa, contra o Atlético Pereiro de Aguiar FSF.
O disputado en Ourense foi un partido de reencontro entre as xogadoras do Rúa e Antía que xoga no equipo verde.
Fotos: Rúa Valdeorras FSF.



