DeportesFútbol salaÚltima hora

O Rúa Valdeorras Futsal busca apoios a través da campaña “Simpatizantes, todo por un soño”

 

As rapazas do Rúa Valdeorras Futsal, que lograban o ascenso á preferente nunha brillante pasada tempada, lanzan agora unha campaña para buscar socios co fin de afrontar esta nova tempada. O lema desta iniciativa é “Simpatizantes, todo por un soño” e porase en marcha mañá domingo de 17h. a 19h. no pavillón Victorino Núñez da Rúa. Nese horario faranse carnés de socio que terán un prezo de 20 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button