DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima horaVídeos

O Rúa Valdeorras Futsal cae 4-7 nun intenso partido ante o Concello de Begonte

Correspondente á xornada 4 da liga en Preferente Galicia Feminina, disputábase no pavillón municipal da Rúa

 

Tampouco hoxe pude ser. Malia comezar anotando, cun temperán gol de Marta, o Rúa Valdeorras FSF caía 4-7 na tarde deste sábado 7 de outubro na casa ante o Concello de Begonte FS.

Tras un inicio de liga complicado na súa estrea na Preferente Galicia Feminina, as rapazas de Rosendo Durán chegaban á cuarta xornada moi motivadas e con ganas de sumar os primeiros puntos da tempada, especialmente en casa e diante da afección, pero non pudo ser.

 

 

Ámbolos dous equipos saltaban ao parqué do pavillón municipal rues ás seis da tarde e non pasaran nin 4 minutos cando Marta poñía o 1-0 no marcador, poñendo en pé á bancada, aínda que as coruñesas non tardaban en empatar (minuto 7) dándolle a volta ao marcador co segundo gol no 12′. As valdeorresas estaban dispostas a poñerllo difícil e marcaban case seguido: Sabela no minuto 13 e Carlota no 14′ e tamén no 15′.

Co 4-2 no marcador, as visitantes respondían e en dúas rápidas contras empataban o partido. Co 4-4 as rapazas do Rúa Valdeorras perdían rapidez na resposta e acerto de cara á portería sendo as do Begonte as que seguían anotando ata o 4-7 final.

 

 

Pelexaron como elas saben facelo pero unha vez máis a veteranía do equipo contrario na categoría, pesaba nun partido rápido e intenso favorable ás visitantes.

O seguinte partido para o Rúa Valdeorras FS xogarase no pavillón Santa Isabel ante o CD Composala, tamén na parte baixa da clasificación.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button