DeportesFútbol salaÚltima hora

O Rúa Valdeorras Futsal golea ao Cartelle no primeiro partido da XLII Copa Deputación

 

Imparables. Dúas semanas despois de proclamarse campioas de liga co correspondente ascenso á Preferente Galicia, as rapazas do Rúa Valdeorras FSF volvían vencer en casa, no pavillón municipal da Rúa, desta volta nun partido de Copa.

Na tarde deste sábado 25 de marzo as rapazas de Rosendo Durán enfrontábanse ás do Cartelle no primeiro partido da XLII Copa Deputación que resolvían sen problema cun contundente 7-0.

 

 

Alba adiantaba no marcador ao Rúa cun gol no minuto 5 e a partires de aí o partido foi un constante goteo de goles por parte do equipo local. Marta marcaba en tres ocasións (13′, 15′ e 32′), Carlota en dúas (24′) e Alba pechaba o contador co seu segundo gol no minuto 46.

O seguinte partido de Copa será o 15 de abril no pavillón da Granxa ante o Verín.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button