Neste certame, convocado polo Concello da Rúa, o segundo premio era para Óscar Emilio Barrera (Valencia) e o terceiro para Luis María Barrio (A Rioxa)
Xa coñecen os nomes dos premiados no IV Concurso de Fotografía “Olladas de Igualdade”, convocado polo Concello da Rua. Nesta edición presentábanse nove traballos por parte de seis participantes.
O xurado escollía como mellor fotografía das presentadas ao certame a titulada “Derrubar muros” do rues Álvaro Rodríguez Pérez. O segundo premio concediáselle a “Igualdade no traballo” de Óscar Emilio Barrera Tévar (Valencia) e o terceiro a “Duro traballo· de Luis María Barrio Sanz de Logroño (A Rioxa).
Fotos cedidas polo Concello da Rúa.