OurenseÚltima hora

O Sala Ourense premia aos seus mellores xogadores do mes de outubro

O equipo de fútbol sala ourensán entregou os trofeos Aceites Abril Gran Selección e Gadeca a Fidel Sampayo e Iván Costa

Os premiados cos trofeos e os representantes das empresas.

 

O Sala Ourense, club de fútbol sala que conta cun equipo en segunda división nacional B, premia aos seus mellores xogadores de cada mes, e na tarde do 6 de novembro entregaba os primeiros trofeos desta tempada no Centro Médico Progreso de Ourense, patrocinador do club.

O Trofeo Abril Gran Selección, que recoñece ao “xogador máis valioso das categorías inferiores”, foi para Fidel Sampayo Añel do equipo xuvenil da liga galega, mentres que o Trofeo Gadeca, que reconoce “ao mellor xogador do equipo de segunda B” era para Iván Costa Trigo “Alli”.

Os encargados de entregar os trofeos foron os representantes das empresas. Por parte de Aceites Abril, Marta Pérez Canal e en representación de Gadeca, Carlos Rodríguez Morante, vicepresidente do Sala Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button