OurenseÚltima hora

O Salón do Automóbil pecha a 12ª edición cuns 300 coches vendidos en Expourense

O recinto feiral recibiu máis de 7.000 visitas durante as dúas fins de semana

 

Na tarde deste domingo 10 de outubro o 12º Salón do Automóbil organizado entre Expourense e A.C.A.U.T.O. pechaba as portas con datos de vendas e visitas inferiores á edición de 2019 pero que os organizadores dan por bos dada a conxuntura actual. “A paulatina recuperación da normalidade en canto a visitas a eventos e a complicada situación que atravesa o mercado do automóbil (crise semiconductores) conlevan que os ao redor de 300 coches vendidos e as máis de 7.000 visitas recibidas durante as dúas fins de semana sexan bos resultados e cumpran as expectativas”, aseguran dende Expourense, engadindo que aínda que as cifras de vendas son inferiores ás da edición anterior, “hai que ter en conta que en xuño deste ano celebrouse a terceira edición do Car Outlet en Expourense, tamén organizada por ACAUTO, no que foron vendidos 150 coches máis”.

Onte concluía o Salón do Vehículo de Ocasión no que era frecuente atoparse pola tarde en moitos coches o cartel de “Vendido” e é o que o público tivo a oportunidade de consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán na maior exposición de coches km. 0, seminovos e de ocasión e comparar opcións antes de elixir o coche que mellor se adaptase ás súas necesidades. En total, o salón ofrecía vehículos de 21 marcas e modelos que ofrecían as mellores condicións xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros (co “a todo risco” de agasallo en moitos casos), garantías (de ata 4 anos ou máis) e servizos engadidos.

Como incentivo, a organización volveu poñer en marcha o sorteo, entre os visitantes que pecharon a compra dun automóbil durante o salón, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia. A.C.A.U.T.O. realizará esta mesma mañá #ante notario o sorteo do desconto de 6.000 euros entre as case 300 papeletas que cubriron os compradores. A entrega deste desconto realizarase estes días no concesionario que vendese o coche cuxo cupón resulte premiado.

A seguinte cita en Expourense será xa a vindeira fin de semana coa celebración, os días 15, 16 e 17 de outubro, da 5ª edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades. Unha mostra que compartirá protagonismo no recinto de Expourense coa exposición Discovering Dinosaurs que poderá visitarse sábado e domingo.

 

Artigos relacionados

Back to top button