DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Salvour revalida o título de campión galego na categoría máster de salvamento e socorrismo deportivo

O club ourensán lograba varias medallas e marcas mínimas na Piscina Rosario Dueñas, en Ourense

Case 250 deportistas de doce clubs, participaban no campionato galego de salvamento e socorrismo que finalizaba o sábado na Piscina Rosario Dueñas de Ourense, un evento do que desfrutaron máis de 600 personas.

A proba estivo organizada pola Federación e o Club de Salvamento Ourense, Salvour, que se proclamou campión galego na categoría máster feminino con Silvia Fernández, Paula Fernández, Cristina Colomo e Marta Estévez. “Tamén se levou o título na clasificación conxunta con Jesús Quintas, Héctor Pérez, Julio Iglesias, Eloi Fernández e Roberto Naranjo. Todos eles medallistas e con varios títulos galegos e récords autonómicos”, aseguran dende o club.

A nivel individual destacan as boas actuacións da xuvenil Eva Espinosa que subía ao podio en 2 ocasións con medalla de prata na proba de 100 metros combinada e en 100 metros remolque de maniquí con aletas. En sénior Ecequiel Quiroga lograba a medalla de prata en 200 metros obstáculos, e Noel Quiroga foi terceiro proba.

Artigos relacionados

Back to top button