Cando parece que xa non se poden superarse, volven sorprender. Na tarde deste 2 de novembro, soleada e con altas temperaturas, a Asociación Sabugueiro volvía reunir a numerosos cativos e maiores en torno a unha nova e espectacular edición do ‘Samaín da Rúa Vella’.


Pasadas as catro e media da tarde, os participantes comezaba un divertido e terrorífico percorrido polas rúas do pobo disfrazados cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. Para conseguilo, os cativos tiñan que seguir o mapa elaborado pola organización “e ter moito coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no camiño”. E así o facían.


En grupos reducidos saían dende o adro da igrexa de Santo Estevo seguindo as indicacións do mapa e dos membros da organización, visitando as casas colaboradoras. E entre medias, meigas, túnel do terror, a morgue, un laborario, unha botica, as xemelgas diabólicas, o pozo, un exorcismo e ata un cemitero, ata chegar ao final da ruta, no Bar San Roque cun chocolate como broche.


A sesión xuvenil comezará a partir das sete da tarde.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.



