ConcellosO BoloÚltima hora

O Santuario das Ermitas (O Bolo) recibe a visita dun numeroso grupo de Mondoñedo (Lugo)

 

O Santuario das Ermitas e o seu entorno, no termo municipal de O Bolo, segue recibindo visitas. Desta volta era un numeroso grupo dunhas 40 persoas do Centro Social de Mondoñedo (Lugo), entre as que estaba o bispo de Mondoñedo-Ferrol, D. Fernando García Cadiñanos, o que se achegaba ata a localidade valdeorresa na xornada do sábado 26 de novembro, para coñecer polo miúdo esta xoia arquitectónica barroca e referente na comarca de Valdeorras.

 

 

Despois o grupo comía no restaurante A Boa Vista, en Lentellais, e pola tarde visitaban diferentes lugares destacados do Barco de Valdeorras como a ponte de San Fernando, a Casa Grande de Viloira ou o paseo do Malecón.

Na organización da excursión colaborou o servizo de Información Turística de O Bolo, que agradece aos visitantes o seu interese polo concello, prometendo volver noutra ocasión para visitar o Castelo e o Museo Yosso.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button