EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A castaña, entre os sectores galegos presentes na Feira Alimentaria de Barcelona

A conselleira de Medio Rural visitaba na mañá do 17 de abril este certame, no que tamén participan outros sectores galegos como o do mel, a pataca ou os lácteos
A conselleira do Medio Rural e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, con representantes de diversos consellos reguladores, entre eles o da IXP Castaña de Galicia.

Do total de 86 empresas galegas que están a participar dende o luns 16 de abril na Feira Alimentaria de Barcelona, están as relacionadas co sector da castaña. A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia está ademais a realizar degustacións no decurso da mostra e tamén están en Alimentaria Cuevas Marróns Glacé e Posada Marrón Glacé.

Asemace contan con presenza neste mesmo espazo expositivo Mel de Galicia, Queixos Arzúa Ulloa, Tetilla, Lacón Galego, Faba de Lourenzá e o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, ademais das empresas Artesanos Peyma, Bico de Xeado, Croketas D, Panificadora Amencer, Naicinña, Yatecomeré, Productos La Mulata e Bágoas do Mar.

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; facía un percorrido na mañá deste martes día 17 por cada un dos expositores de Galicia e agradecía aos seus responsables o compromiso adquirido porque coidando as súas producións e promocionando a súa marca, dan a coñecer a nosa comunidade ao resto do mundo.

Galicia ten presencia nos diferentes pavillóns: no do sector cárnico (Intercarn) con oito empresas, no de leite (Interlact) con sete compañías e con outras dez empresas diferentes pertencentes a outros ámbitos como a castaña, a pataca e a faba (no pavillón Multi Foods). Hai tamén un espazo reservado para os negocios certificados como agricultura ecolóxica (Intereco) que conta con outras seis firmas galegas. E no mundo do viño, Galicia está presente a través das súas cinco denominacións de orixe no espazo Intervín. Tamén o mar está representando con outras 31 compañías do mundo da pesca, dos conxelados e da conserva.

Artigos relacionados

Back to top button