EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

O sector da lousa premia a excelencia académica do alumnado de Valdeorras e Quiroga

 

Un ano máis, as empresas integradas no Clúster da Pizarra de Galicia decidiron premiar a excelencia académica e distinguir os mellores expedientes de bacharelato de zonas produtoras de lousa como Valdeorras ou Quiroga. Os alumnos con mellores notas de institutos de educación secundaria do Barco, A Rúa e Quiroga levan, no marco desta iniciativa, un premio en metálico de 300 euros.

No IES de Quiroga resultou gañador Chen Jiuzhong e no IES da Rúa o premio foi para Xabier Pérez. Mentres no IES Lauro Olmo, do Barco de Valdeorras, houbo un empate entre Lucía Vega e Angelitssa Núñez, con idéntico expediente académico, o que obriga a dividir entre dous o premio destinado a este centro (cada unha das estudantes recibirá, neste caso, 150 euros).

 

 

Simbolismo do premio

Para o xerente da Agrupación industrial da Lousa, Severino González, distinguir os mellores expedientes con “simbólicos premios en metálico” axudará a estes mozos e mozas a interiorizar que “o esforzo ten a súa recompensa”.

Neste sentido, incluíu acción dentro da política de responsabilidade social corporativa da Agrupación industrial da Lousa de Galicia, afanado en promover melloras e beneficios sociais no seu ámbito xeográfico de acción máis inmediato (como son as zonas de Valdeorras e Quiroga).

Nesta mesma liña, tal e como citou Severino González, enmárcanse os descontos postos en marcha o ano pasado pola Agrupación industrial para axudar aos damnificados polos incendios do verán que se viron obrigados a reconstruír as súas vivendas.

 

Artigos relacionados

Back to top button