SanidadeÚltima hora

O Sergas participará nas XVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, previstas para maio en Ourense

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recibía esta mañá en audiencia, no seu despacho do Edificio Administrativo do Sergas en San Lázaro, ao presidente da Fundación Signo, Josep Pomar Reynés, e ao patrono da mesma, Ignacio López Parrilla, con motivo da presentación, ao titular da carteira sanitaria do Executivo galego, das “XVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde”. Estas xornadas, promovidas pola antedita fundación, celebraranse en Ourense entre os días 8 e 10 de maio de 2024.

Na audiencia tamén estiveron presentes, o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa; e o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e presidente do comité organizador das xornadas, Félix Rubial Bernárdez.

Artigos relacionados

Back to top button