EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O showcooking do cociñeiro Héctor López, na XXIV Feira do Viño de Valdeorras

 

Cun exitoso showcooking a cargo do prestixioso cociñeiro Héctor López, do Grupo Nove, concluían as actividades complementarias á XXIV Feira do Viño de Valdeorras, nos Xardíns da Casa Grande (O Barco) o 9 de xullo. Facía unha interesante demostración de cociña creativa ás 21h., cunha serie de petiscos que logo se degustaban maridados con viños da D.O. Valdeorras e cos comentarios do director técnico desta denominación, Jorge Mazaira.

 

 

Unha hora antes do showcooking, comezaba unha cata de viños valdeorreses maridados dunha selección de petiscos elaborados polo Café Teatro Bajo Cinco do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button