En portadaÚltima hora

O Sil co Centro de Deportes Barco

O póster a toda cor cos catro equipos do club barquense, está xa á venda en quioscos e librarías

poster cd barco 2015-16

Dende infantil ata sénior. Son catro os equipos que conforman o entramado deportivo do Centro de Deportes Barco. Catro planteis con cadanseu grupo de xogadores e o seu adestrador que, ao longo dos oito meses que dura a tempada ligueira adestran e xogan levando o nome do seu pobo por toda a provincia de Ourense (no caso das categorías inferiores) e tamén por toda Galicia, no caso do primeiro equipo.

Como vén facendo cada tempada, co número de maio o Periódico O Sil saca á rúa un póster a toda cor que reúne aos catro planteis, con información sobre a categoría na que milita cada un e os nomes dos seus compoñentes.

Quen desexe facerse con el, como recordo desta campaña 2015/2016 á que lle están poñendo o broche, pode mercalo en calquera quiosco ou libraría.

Artigos relacionados

Back to top button