En portadaÚltima hora

O Sil Deportivo presenta nova imaxe e novos contidos

Portada de O Sil Deportivo do mes de xuño de 2016.
Portada de O Sil Deportivo do mes de xuño de 2016.

É moita a xente afeccionada ao deporte e nos últimos tempos vemos como vai en aumento o que se desenvolve no meu natural (andainas, carreiras, natación, BTT,…). Dende O Sil Deportivo levamos preto de vinte anos informando sobre estes deportes e queremos seguir facéndoo pero adaptándonos aos novos tempos. Por iso neste mes de xuño comezamos unha serie de actualizacións nesta publicación para dar cobertura aos deportistas en cada unha das disciplinas.

Neste numero de O Sil Deportivo renovado, presentamos un amplo traballo periodístico sobre o Mountain Bike unha modalidade de ciclismo que ano a ano crece en canto a número de afeccionados e practicantes. Tamén queremos recoñecer e poñer en valor o labor dos pioneiros dese deporte que na comarca de Valdeorras xurdía en Vilamartín a finais dos anos 80, cando apenas se coñecía. Ao mesmo tempo reivindicamos a necesidade de crear un club ou unha estrutura formal, reglada e federada para coordinar a todos eses deportistas que percorren os montes e camiños da comarca subidos na súa bicicleta. Para iso sería necesario que as Administracións, tanto local como provincial e autonómica, apoiaran este tipo de iniciativas que, ademais de fomentar o deporte pode supoñer un recurso turístico importante.

Non podemos esquecernos de felicitar a persoas que grazas ao seu empeño, adicación e esforzo lograron sacar adiante proxectos importantes neste eido como é Xulio Conde, fundador da Escola de Ciclismo J.A. Hermida en Maceda da que constantemente están saíndo deportistas con grandes resultados tanto a nivel nacional como internacional, e o que é máis importante, cativos que conviven cos maiores aprendendo e forxando un estilo de vida cargado de valores.

Seguramente hai moita máis xente que está traballando neste aspecto, e iniciativas a prol do deporte, esta é só unha mostra que esperamos sexa útil para a sociedade.

Artigos relacionados

Back to top button