ConcellosO BarcoÚltima hora

O SilFest 2023 abre as súas portas na praia fluvial do Barco con catas e actividades infantís

 

Ás 18h. deste venres 14 de xullo abría as súas portas ao público o recinto do SilFest Valdeorras 2023 na praia fluvial do Malecón do Barco. A partir de aí poñíase en marcha un amplo de variado programa que se encetaba coas actividades dirixidas aos máis pequenos dentro do chamado “MiniSilfest”: pintacaras e a charla de Javier Becerra titulada “Isto é rock!”, na que intercalaba as súas intervencións con imaxes de recoñecidos grupos deste tipo de música. Despois dábase paso a xogos tradicionais.

 

 

Ademais ás 19:30h. comezaban as maridaxes entre viños e produtos de A Tenda da Rita, dirixida pola sumiller Mercedes González, cunha notable participación.

O inicio dos concertos estaba previsto para as 20:30h. da man de Yoly Saa, seguido de Wisky Caravan, ás 21:05h.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button