CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Silfest lanza nas redes un vídeo de apoio aos afectados polo incendio de Valdeorras

 

O SilFest Valdeorras vén de lanzar nas redes sociais un vídeo de apoio aos afectados polo incendio de Valdeorras. O vídeo está protagonizado por recoñecidas figuras que “accederon a participar de forma voluntaria neste pequeno proxecto do noso festival multicultural que se celebra do 21 ao 23 de xullo no Barco de Valdeorras”, din os promotores do festival.

Entre os participantes están o cociñeiro Pepe Solla, o deportista Iker Casillas, a humorista Silvia Abril, o cantante de Herdeiros da Crus Javi Maneiro, o cantautor Rubén Pozo ou o humorista galego Xosé A. Touriñán; entre outros moitos. Todos eles mandan unha mensaxe de ánimo a Valdeorras que “volverá a brillar”. Deste xeito o SilFest pretende amosar “publicamente o noso apoio a todas aquelas persoas que foron afectadas polo incendio, ademais de lanzar unha mensaxe de optimismo á nosa veciñanza tras duros días de loita contra o lume”, aseguran dende a organización.

 

Por outra banda, o Silfest ten “unha Fila 0 con entradas solidarias (sen acceso ao festival), polo prezo de 5€, co obxectivo de recadar diñeiro que será destinado integramente a todas aquelas persoas afectadas polo lume do Barco de Valdeorras. Ademais, no recinto do festival, os días 22 e 23, instalaremos unha hucha para recadar diñeiro in situ. Todo o recadado será xestionado a través de Cruz Vermella Valdeorras”, segundo informa a organización.

Artigos relacionados

Back to top button