CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O SilFest Valdeorras 2022 celebrarase do 21 ao 23 de xullo

SilFest Valdeorras Lite. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tralo aprazamento da edición de 2020 pola pandemia e a celebración dunha edición “lite” no 2021, o SilFest Valdeorras regresará neste 2022 con máis forza que nunca.

“Prometimos volver coa mellor música, cine, poesía, bo viño e gastronomía a O Barco, á beira do Sil, e así o faremos”, din dende a organización adiantando que máis adiante darán máis datos sobre o programa. De momento adiantan a data elixida: os días 21, 22 e 23 de xullo.

O SilFest Valdeorras Lite, o irmán pequeno do festival multicultural, celebrado en agosto de 2021, foi un “evento musical, único e adaptado á situación actual”, un concerto de catro horas de duración que reuniu a tres bandas de primeiro nivel no panorama indie nacional: La La Love You, Nunatak e Apartamentos Acapulco.

 

Artigos relacionados

Back to top button