A 8ª edición do SilFest Valdeorras xa está aquí e como é de ben nacido ser agradecido, dende a organización agradecen o indispensable labor dos seus colaboradores. “O SilFest sería imposible sen o apoio das nosas empresas, bares, restaurantes, medios, cafeterías e tendas locais”, din, dándolles as grazas a todas elas en forma de vídeo “por seguir con nós, poñendo a Valdeorras no mapa cultural de Galicia”.
Aínda que non todas aperecen no vídeo, colaboraron preto de 90 pequenas empresas de Valdeorras.