CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O SilFest Valdeorras lanza o reto “Atrévete a vir” e premiará a quen veña dende máis lonxe

Imaxe da pasada edición do SilFest./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O SilFest Valdeorras é un festival multicultural que se celebra do 13 ao 15 de xullo no Barco de Valdeorras. Nesta edición, os seus promotores lanzan a campaña “Atrévete a vir” que se expón como un reto para os seguidores máis fieis dos festivais de verán. A organización premiará a aqueles que cheguen a Valdeorras con máis quilómetros ás súas costas cun lote exclusivo de merchandising que se entregará durante a celebración do SilFest Valdeorras.

Os participantes neste reto deberán acreditar o seu lugar de orixe ou a complexidade da viaxe ata Valdeorras á entrada do recinto do festival. Poderán facelo con resguardos de peaxe, tickets de reposición, fotografías ou vídeos dos quilómetros percorridos ou da maneira máis orixinal posible.

A acción busca animar ao público e conseguir achegar o evento a aquelas persoas que por escasa proximidade co mesmo non se plantexan coñecer este festival que se celebra na praia fluvial do Barco de Valdeorras (Ourense), en pleno Camiño de Inverno a Santiago.

“O SilFest Valdeorras é unha experiencia na que se goza cos cinco sentidos da boa música, gastronomía e viño de Valdeorras, da natureza e dunha infinidade de actividades culturais; ás que se suman as propostas do Mini SilFest, o festival paralelo para os máis pequenos da casa”, din os organizadores.

Artigos relacionados

Back to top button