O alcalde nacionalista, Secundino Fernández, vén de nomealo segundo tenente de alcalde
Con cambios enceta o mes de maio o equipo de goberno municipal de Viana do Bolo. “Procedeuse a reformar a xunta de goberno para incluír ao concelleiro do PSdeG-PSOE Santiago Barja Barja. Entrará a formar parte da Xunta de goberno. Ocupará a 2ª tenencia de alcaldia e levará unha concellería de nova creación denominada Servizos Rurais”, tal e como informa o alcalde vianés, Secundino Fernández.
Así Barja subsituirá na segunda tenencia de alcaldía de Viana do Bolo a Graciela Diéguez, que vén de ser cesada nese cargo.
Deste xeito cúmprese o acordo tomado en marzo no pacto de goberno entre o BNG e o PSdeG-PSOE, tras a entrada de Barja como novo edil na Corporación vianesa.