Necesitaba ganar para manterse na loita polo ascenso e aínda que lle custou conseguíao. Na tarde deste sábado 22 de abril o CD Córgomo Vilamartín vencía pola mínima ao líder, o CD Piñeira Seca no Campiño de Viloira (O Barco) sumando 54 puntos.
Durante boa parte da primeira metade deste partido adiantado da xornada 28 en Segunda Galicia eran os visitantes os que apretaban, demostrando por que van de líderes, con varias tentativas que o gardamenta valdeorrés desbarataba. Tamén os de Vilamartín tiñan algunha ocasión aínda que non era ata o minuto 43, rozando xa o descanso cando Brais Vidal marcaba o único tanto da tarde, dando a vitoria e os tres puntos en xogo ao CD Córgomo Vilamartín.
A seguinte xornada, os de Jesús Álvarez viaxarán ata Esgos para enfrontarse ao Rocas CF.
Fotos: Mónica G. Bellver.