En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O son da gaita envolve o Castelo de O Bolo

Gaiteiros de diferentes partes do mundo déronse cita na xuntanza celebrada na tarde do 11 de xuño

Onte en Monterrei e hoxe en O Bolo. A Xuntanza Internacional de Gaiteiros chegaba este ano á XXXIII edición cun programa de luxo e dúas localizacións que conxugan historia, arte e tradición musical.

Depois do espectáculo celebrado na tarde do 10 de xuño no Castelo de Monterrei onde se vén desenvolvendo dende hai o 2007,  na tarde do domingo 11 de xuño tocáballe o turno ao Castelo de O Bolo.

En torno ás 5 da tarde e da man de Manola Porto, o patio interior da fortaleza acollía o encontro de músicas tradicionais no que se deron cita músicos de diferentes partes do mundo. O acto comezaba coa interpretación do Himno da Xuntanza e seguindo o programa actuaban Cristina Boixanera e Jordi Inglada (Cataluña); Maxence Camelin e Daniel Eric (Occitania-Francia); Tomás Carro (Didgiridoo player); Cantores da Seitura de Lentellais (O Bolo); Emmanuel Hovhannisyan (Armenia); Henrique Fernandes de Sendín, José María Fernándes de Urrós e Angelo Arribas da Freixosa (Portugal); Xabier Blanco (Moaña); Xiz Trío (Lugo); Ralf Gehler (Alemania); Cantareiras da Real Banda (Ourense); e Tina Jamegarmi, Mohsen Sharifian e Habibb Meftah (Irán).

O broche musical desta edición poñíao a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, así como o alcalde de O Bolo Manuel Corzo que dirixía unhas palabras ao público asistente, entre o que se encontraba o diputado nacional Avelino García Ferradal, o diputado provincial e alcalde da Veiga Juan Anta, e varios membros da corporación municipal de O Bolo. Corzo deu as grazas aos asistentes esperando que este sexa o primeiro de moitos máis encontros e facendo unha mención especial ao Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas e artífice da xuntanza “pola grande implicación que está a ter connosco, axudándonos a por en valor o grande patrimonio artístico e cultural da nosa terra, do cal nos sentimos tan orgullosos”.

Cada participante recibiu, como recodo da xuntanza, unha réplica do Dúo de Músicos do Santuario das Ermitas que data de 1700.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button