CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O son das bandas de gaitas volvía tomar Lubián o 7 de agosto

Esta localidade zamorana acollía o 16º Festival Folk & Rock nas Portelas

 

A música tradicional abría a pasada fin de semana o “Verán Cultural” deste 2022 no Concello de Lubián, situado na provincia Zamora, moi preto do linde con Ourense, pero que comparte cultura e tradicións con Galicia.

Os días 6 e 7 de agosto recuperaba o seu Festival Folk & Rock nas Portelas, que chegaba así á súa 16 edición cun completo programa, que incluía as actuacións de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e de Acetre na tarde e noite do 6 de agosto ás 20:30h.

 

Foto: Teresa Silva.

 

Ademais na tarde do 7 de agosto o festival reunía a catro bandas de música tradicional: a Asociación Etnográfica La Arracada (Zamora), a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro (Cornellà), a Asociación Cultural Tangaraño (Mos) e a Banda de Gaitas As Portelas+BCB Ensemble. O programa completábase pola noite cos concertos de Asfalto e de Eager Platypus.

Fotos da galería, por esta orde: Alejandro Páez, Teresa Silva e Jonatan.

Artigos relacionados

Back to top button