ConcellosTrivesÚltima hora

O son e os sabores cubanos da man de A dos Trovando, o 5 de decembro en Trives

Trátase dunha singular iniciativa con música e degustacións que comezará no Auditorio e percorrerá a hostalaría da vila

 

Cita en Trives o vindeiro 5 de decembro para descubrir a historia do bolero cubano. Será unha viaxe no tempo ao Santiago de Cuba de finais do século XIX, “centrada no amor polos boleros e a Trova Tradicional Cubana que dará comezo ás 18h. no Auditorio Xulio Vazquez co grupo A dos Trovando , e que continuará por todos os locais hosteleiros da vila”, adiandan dende o Concello de Trives

Así esta formación amenizará esa noite “con música, cocktails cubanos ou sorprendentes tapas gastronómicas que nos levarán a vivir unha experiencia inesquecible”, segundo o Concello. Será, polo tanto, un percorrido pola esencia cubana da man de A Dos Trovando e o seu representante, íntimo colega do gran Compay Segundo, “que tras unha primeira inmersión levaranos ao o século XX, seguiremos aos trovadores na emigración cara a Habana cantando a dúas voces, prima e segunda, as obras máis emblemáticas a partir da década do 20, cando aparece o Son Cubano”, comenta a organización.

 

 

 

Tamén haberá unha proxección de fotografías da época que situarán á audiencia en cada momento da historia. Constituirá un “espectáculo cheo de arte e emoción. Unha agradable sorpresa descubrir a beleza e riqueza musical e poética de estas cancións inmortais. Un auténtico luxo que nos achega a unha música arreglada e gravada expresamente para este proxecto nada menos que por compoñentes do Septeto Nacional Ignacio Piñeiro, nos estudios EGREM da Habana, Cuba”, destaca o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button