OurenseÚltima hora

O subdelegado destaca en Barbadás a aportación do Goberno central en medidas de aforro enerxético

Eladio Santos coñeceu de primeira man os proxectos estratéxicos levados a cabo nos últimos tempos no municipio, así como as principais necesidades do concello que lle expuxo o rexedor municipal

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, o barquense Eladio Santos, realizou na mañá deste martes 9 de xullo unha visita de carácter institucional ao Concello de Barbadás.

Continuando coa rolda de contactos que o máximo responsable do Goberno de España na provincia está a levar a cabo, Santos reuniuse hoxe co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, para abordar os proxectos estratéxicos que se desenvolveron nos últimos tempos no municipio e aqueles que están en trámite de execución. Ademais, con esta visita, o subdelegado do Goberno buscou coñecer de primeira man as principais necesidades do municipio, como así lle manifestou o rexedor.

Eladio Santos destacou a “aportación do Goberno central á financiación do Concello de Barbadás e a inversión en medidas de aforro enerxético, que permiten unha importante redución das facturas e un aumento das posibilidades de inversión deste Concello”.

Artigos relacionados

Back to top button