ConcellosO BoloÚltima hora

O subdelegado do Goberno en Ourense visita o Santuario das Ermitas e O Bolo

Visita ao Santuario das Ermitas.

 

Na mañá deste mércores 22 de febreiro o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González desprazábase ata o Concello de O Bolo onde mantiña un encontro co alcalde, Manuel Corzo, e coa corporación municipal, para presentarlles as liñas habilitadas polo Goberno para os concellos, supervisar os investimentos estatais neste municipio e coñecer as súas demandas e opinións.

Emilio González poñía este concello valdeorrés como “exemplo da aposta do Goberno polos pequenos concellos, que están chamados a ser protagonistas da transformación de España hacia un país verde, dixital, sostible e cohesionado, para acadar os obxectivos do reto demográfico”, reafirmando o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez pola transición verde e a dixitalización dos concellos do rural, con investimentos que, en O Bolo, superan os 280.000 euros a través de tres ministerios.

O subdelegado do Goberno en Ourense tamén avanzou o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno, a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e que tamén chegará a O Bolo. Esta acción forma parte do Programa UNICO-Banda Ancha, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

Detallou que “o Programa UNICO-Banda Ancha facilitará a conexión de banda ancha con velocidade ultrarrápida a 165 familias e empresas de O Bolo, o que supón que máis do 80% dos habitantes do Concello terán conexión dixital”.

 

Reunión en O Bolo.

 

Na mesma liña de transición verde, o subdelegado incluíu a axuda concedida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación da Enerxía IDAE. Esta axuda ascendeu a 270.827,60 euros e con ela o goberno local afrontou a mellora enerxética do alumeado municipal deste Concello.

Posteriormente, Emilio González realizou unha visita institucional ao Santuario das Ermitas acompañado polo alcalde e os membros da corporación e trasladoulles as axudas do Goberno para a rehabilitación de Bens de Interese Cultural, como é o Santuario, con cargo ao 2% cultural. Unha nova liña de axudas que eleva do 1’5% ao 2% os presupostos do Goberno para a posta en valor de patrimonio histórico e o fomento da creatividade artística e que está desenvolvida polo Mitma e o Ministerio de Cultura e Deporte.

Así mesmo tamén visitou o patrimonio cultural do Concello como a Castelo rehabilitado con fondos europeos do programa Leader e o Museo do Yosso “nunha clara aposta do grupo de Goberno polo fomento e a dinamización do patrimonio cultural e histórico da vila” tal e como destacou Emilio González. Así mesmo, o Subdelegado deu traslado á corporación do plan rural de Correos que permitirá acercar os trámites das oficinas de Correos aos domicilios e poderán realizar funcións sen que os habitantes do rural se teñan que desplazar impulsando así a dixitalización e habitabilidade dos servizos do rural

Artigos relacionados

Back to top button