CulturaCulturaÚltima hora

O teatro volta ao Barco neste outono coa traxicomedia “Dúas donas que bailan”

Esta peza, dirixida por Xúlio Lago, representarase o 4 de outubro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo

Unha das escenas de “Dúas donas que bailan”./ Foto: Teatro do Atlántico.

 

Dona María é unha viúva maior que soña con viaxar a París. A súa familia, que non quere que viva soa e ten plans para a súa casa, contrata a Ángeles, unha muller de mediana idade, para que lle vaia un par de veces á semana a facer os labores domésticos. Pero á súa chegada non é ben recibida.

Así comeza o argumento de “Dúas donas que bailan”, unha traxicomedia con texto de J.M. Benet i Jornet (Barcelona, 1940) e producida por Teatro do Atlántico, coa que se abrirá o pano da tempana outonal no Barco. Esta obra, interpretada por María Barcala e María Ángeles Iglesias baixo a dirección de Xúlio Lago e con escenografía de Antonio F. Simón, poderá verse no escenario do Teatro Lauro Olmo o vindeiro venres, 4 de outubro ás 21h.

A representación, duns 80 minutos de duración, “transita polas duras paisaxes que conforman a sociedade contemporánea: a soidade na vellez, o desencontro xeracional, a especulación inmobiliaria, o Alzeimer, o suicidio, a violencia no fogar; a amizade, os soños da infancia….. Todo adubiado cun humor malvado que un mestre como Benet i Jornet manexa doadamente”, segundo destaca a compañía.

 

Artigos relacionados

Back to top button