DeportesFútbol salaÚltima hora

O técnico barquense Xocas Miranda, novo adestrador do Vianariño FS

Juanjo Vilachá (ex míster do CD Viana) será o preparador físico

Xocas Miranda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No seu primeiro ano de vida, o Vianariño FS, equipo de fútbol sala formado con xente de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, foi quen de proclamarse campión de liga conseguindo o ascenso a Preferente, categoría na que xogará a vindeira tempada con técnico barquense Xocas Miranda como adestrador.

Tal como indican dende o Vianariño, Xocas é “un dos grandes do futsal nos banquiños da comarca”, adestrando ao Vilamartín FS, a Los 3 Cuñados FS en 2ªB e ao Ribeira FS na mesma categoría. Con varios campionatos ás súas costas e varios postos altos en categorías moi boas “aportaralle sabiduría e veteranía ao noso plantel”, din dende o club, destacando que “coñece ben a varios dos nosos xogadores xa que os adestrou ao longo das súas carreiras”.

Pola súa banda, Xocas asegura que está pendiente de Juanjo Carballo (ex adestrador do CD Viana) que será o preparador físico, para decidir a data exacta do inicio da pretempada. “Calculo que empezaremos os adestramentos cara o 15 ou 16 de agosto”, asegura  o técnico que iniciará así unha nova etapa deportiva tralo seu paso polo Ribeira.

Artigos relacionados

Back to top button