En portadaÚltima hora

O técnico Javier Rey deixa o CD Barco

O míster do CD Barco, Javier Rey.

O Centro de Deportes Barco vén de emitir a través das redes sociais un comunicado no que de “maneira oficial e de mutuo acordo” anuncia que o adestrador, Javier Rey, “non continuará ao mando do primeiro equipo”.

O técnico ourensán, que dende hoxe dirixirá ao CD Arenteiro trala marcha de Fran Justo ao Lugo, formou parte historia do Centro de Deportes Barco en varias épocas, escribindo capítulos como o ascenso a 3ª División ou o Play Off a 2ª RFEF.

Por ese motivo e máis, dende o club “queremos desexarlle toda a sorte, tanto a nivel personal como deportivo, xa que adestrará un equipo de categoría superior e iso, sempre e motivo de ledicia e máis se se trata de alguén tan querido e respectado no noso club”, din, asegurándolle que “o CD Barco sempre será o teu fogar” e desexándolle “moita sorte nesta nova etapa míster”.

Artigos relacionados

Back to top button