ConcellosO BarcoÚltima hora

O temporal da fin de semana agrava a situación do pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco

Parqué levantado no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco.

 

O temporal de auga e chuvia da pasada fin de semana empeoraba a situación xa de por si complicada do pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, con importantes filtracións pola cuberta.

“Xa está adxudicada a obra para reparala, pero desde outubro pouco parou de chover e non poideron subir á cuberta”, asegura o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, adiantando que porán unha chapa nova a toda a vertente que da para a estrada xeral e cando esté rematada a cuberta, arranxarán o piso que se está deteriorando, de momento e por sorte, fóra da zona de xogo que utilizan os diferentes clubs deportivos do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button