ConcellosO BarcoÚltima hora

O temporal de vento e chuvia provoca incidencias en Valdeorras

 

Os efectos da borrasca Fien, que continúa activa na xornada deste martes 17 de xaneiro, deixou xa numerosas incidencias na comarca de Valdeorras. É ocaso do municipio do Barco no que caían varias árbores, “en Xagoaza, no camiño Villabril e no Camiño de Santiago entre Vales e Santigoso”, explican dende o GES Valdeorras.

No propio casco urbano, as chuvias e a importante suba do caudal do río está a causar problemas nalgúns garaxes.

 

 

Ademais, durante a tarde do luns 16 de xaneiro, no Castro “o muro dunha vivenda deshabitada derrubouse parcialmente ao fío das 19:40 horas, provocando o desaloxo das persoas residentes no inmoble colindante”, tal como explican dende o 112 Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button