CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O ‘Terraceo de Verán’ na Pobra de Trives arranca este xoves coa actuación en directo de Pablo Balseiro

O músico coruñés Pablo Balseiro.

 

Un ano máis dous establecementos da Pobra de Trives ofrecerán actuacións en directo os xoves de xullo e agosto para animar as noites de verán nas terrazas que dan vida á praza Doutor Paz, no centro da vila. “Cada ano vai a máis, a aceptación do ciclo foi en aumento estes anos”, din os anfitrións, Miguel e Álvaro, responsables de A Cantina do Catro e da Cervecería O Boliche, respectivamente.

No ‘Terraceo de Verán’ que veñen organizando dende hai anos predomina a música, pero tamén houbo maxia nalgunha ocasión e sempre se garda un oco tamén para o humor, contando este ano con grupos musicais locais e forasteiros de gran nivel: Pablo Balseiro, Kélticos, Nebra e Farsantes, e a chegada dende Barcelona do actor e humorista Alberte Montes.

O programa arrancará este xoves 14 de xullo coa actuación en directo de Pablo Balseiro, músico coruñés que deixa marca por alí por onde pasa cun directo que é pura festa, creando un ambiente propicio para compartir, gozar e pasalo ben. A Trives chega da man de Hermanager Producións co seu espectáculo Rumbas & Guateque e ameaza con montar unha boa con este popurrí de versións de diferentes estilos e artistas así como temas propios do seu último disco San Roque Pá. O concerto será na praza Doutor Paz ás 22 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button