CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Terrasón 2023 arranca mañá coa actuación de Belém Tajes na praza Maior do Barco

Un dos concertos da anterior edición do Terrasón. /Foto: Ton y Son.

 

Mañá, venres 4 de agosto, arranca unha nova edición do Terrasón, unha iniciativa que o Concello do Barco de Valdeorras poñía en marcha en plena pandemia, como unha forma de recuperar a actividade cultural e que xa forma parte do programa estival da vila.

A primeira actuación será a de Belém Tajes (cantante, autora e especialista en Musicoterapia) na praza Maior a partir das 22:30 horas, pero o programa estenderase ata o 17 de setembro con La Banda del Pájaro, ás 13 horas na praia fluvial do Malecón, incluíndo un total de nove concertos de estilos tan variados como a música de autor, blues clásico, soul, blues e mesmo swim, sen esquecer as versións de pop e rock español coas que o grupo Los Íñigos animarán a Festa das Pandillas, en plenas Festas do Cristo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button