OurenseÚltima hora

O torneo internacional de tenis feminino reunirá en Ourense a deportistas de máis de 20 países

Logo de ascender á categoría W50, repartirá 40.000 dólares en premios e outorgará 50 puntos WTA para a campioa

 

O Concello de Ourense colabora no cuarto Torneo Internacional de tenis feminino Cidade de Ourense, que se desenvolverá desde o vindeiro domingo día 11 ata o 18 de agosto nas instalacións do Club Santo Domingo. A tenente de alcalde, Ana Fernández, participaba esta mañá na presentación desta competición deportiva, organizada pola Federación Galega de Tenis, que está incluída no Calendario ITF Women World Tennis Tour. O torneo ourensán nesta cuarta edición ascende á categoría W50, tras 3 edicións como W25, e repartirá 40.000 dólares en premios e outorgará 50 puntos WTA para a campioa.

 

 

O torneo contará coa participación de 21 tenistas situadas no Top 500 da WTA (Asociación de Tenis Feminino) e será máis internacional ca nunca, con 20 países diferentes representados entre as xogadoras confirmadas. Entre estas destacan deportistas como Valentina Ryser (Suiza-244 WTA), Tamira Paszek (Austria-ex 26 WTA), Vitalia Diatchenko (Rusia-ex 71 WTA) ou a actual campioa galega, Celia Cerviño Rui.

Na presentación do torneo participaron a concelleira Ana Fernández, a campioa galega, Celia Cerviño e representantes da Federación Galega de Tenis, a Deputación Provincial de Ourense e a Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button