OurenseÚltima hora

O torneo “Oupen” trae a Ourense a figuras nacionais e aos mellores tenistas de Galicia

O campionato celebrarase entre hoxe e o sábado nas pistas do Club Santo Domingo
Adestrando nas pistas de tenis da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

As pistas do Club Santo Domingo de Ourense acolle entre hoxe e o vindeiro sábado, 14 de xullo, o I torneo “Ourense Oupen”, unha competición que xuntará na cidade das Burgas a figuras nacionais e aos mellores tenistas do ranking galego de tenis, “co obxectivo de unir a espectacularidade dos grandes xogadores co impulso para o deporte de base nesta modalidade deportiva”, afirmou hoxe o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación, que tivo lugar no Pazo Provincial.

O torneo, que se disputa en horario de tarde con entrada libre, acolle ata o venres as fases previas (oitavos, cuartos e semifinal) e o sábado ás 18:30 horas, a final. Entre os participantes figuran destacados xogadores galegos, como Jorge Hernando, Roberto Vázquez, Rodolfo Figueroa, e importantes xogadores como Ricardo Villacorta e Álex de Miñaur, quen días pasados xogou contra Rafa Nadal no torneo de Wimbledon.

 

Javier de la Torre, Roberto Abad, Rosendo Fernández e José Mosquera na presentación do torneo.

Artigos relacionados

Back to top button