OurenseÚltima hora

O tradicional “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” ameniza Verín

As cores e os nenos inundan as rúas durante dous días de festas nos que se gozou de actividades e concertos para tódalas idades

 

Os participantes do desfile da Batucada 2019 fronte a casa do Concello de Verín.

 

Ás 11:00 horas do venres arrincou A Batucada 2019 co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada”, que organiza a Oficina Municipal Xuvenil do Concello de Verín, no que un total de 119 cativos luciron os seus traxes, que para esta ocasión seguiron a temática de super heroes e supeheroínas, dando lugar a unha imaxe chea de cor e de forza polas rúas de Verín.

O desfile arrincou dende a Praza do Concello onde o alcalde, Gerardo Seoane, e a concelleira de cultura, Emilia Somoza, recibiron aos participantes. Seguiu o seu camiño, ao son da Banda de Gaitas de Verín, por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa dá Cruz e Praza García Barbón, para terminar coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo.

Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas cheguou o turno da “Festa Acuática na Praia fluvial” para que os cativos, e os que non o son tanto, disfrutasen xogando coa auga, que a maiores, nesta ocasión, contaron con animación musical e inchables de terra e de auga para un maior goce. O Grupo Atenas pechou esta xornada cunha actuación na Praza García Barbón ás 23:45 horas.

Para celebrar estas festas, a tenda oficial da Batucada dispuxo de camisetas e fundas impermeables oficiais que puideron adquirirse por 10 euros as camisetas, e 3 euros as fundas impermeables e as mochilas.

Con esta actividade comezaron dous días de festa en Verín. O prato forte foi o sábado 27, coa Festa da Auga e a Escuma, o desfile de batucadas e a actuación de Baiuca Live Band A/V Show.

 

Un dos participantes de Capitán América durante o percorrido.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button