DeportesÚltima horaVídeos

O tramo do río Sil entre Pumares e Sobradelo, un dos mellores sitios galegos de rafting

O nivel 4 de dificultade que presenta é único na comunidade, tal e como destaca Iván Valle de Vianova Aventura

 

O rafting é unha das modalidades de aventura que xera maior interese no descenso de augas bravas. E Valdeorras conta cun tramo sumamente atractivo para os afeccionados a este deporte no río Sil, que, ademais, é único na comunidade galega pola súa dificultade, ao ser dun nivel 4, tal e como destaca se dende Vianova Aventura, que oferta a posibilidade de realizalo.

O percorrido, de case 6 km, comeza en Pumares (Carballeda de Valdeorras) e remata en Sobradelo, no punto dende o que acostuma iniciarse o Descenso do Sil. “É un tramo moi bonito que dá nivel 4 e a súa dificultade débese ao volume de auga, á estreitez e ás escapatorias. Constitúe todo un reclamo para aos afeccionados a esta modalidade deportiva xa que non é doado de atopar un lugar deste tipo en Galicia, e máis coas características do canón en rocha granítica, duns 100 metros e sumamente estreito”, explica Iván Valle, responsable de Vianova Aventura.

 

 

O comezo do tramo, en Pumares, presenta unhas correntes previas á parte do canón no Sil, “cunhas crestas de ondas moi activas. Despois de pasar o canón hai unha zona, que antes era coñecida como as “Fosas do Sil”, con profundidade e multitude de rochas con gran cantidade de saltos; e logo xa termina en Sobradelo”, explica Valle. O canón en cuestión é tamén famoso e moi coñecido entre os kaiakistas de augas bravas que veñen a practicar aí esta modalidade deportiva.

 

 

O mellor momento do ano para desfrutar deste tramo é entre os mes de maioa novembro, se ben facelo, “ao ser un canón tan estritiño, encauza todo o caudal do río e sempre resulta interesante. Por iso, aínda que estea un pouco máis baixo de ondas e de rebufos, esa estreitez permítelle captar toda a auga que vén no Sil e iso faino moi atractivo”.

Fotos e vídeo: Vianova Aventura.

Máis información: www.vianovaaventura.com

 

 

Artigos relacionados

Back to top button