Pese á chuvia, eran moitas as persoas de todas as idades que se animaban a subirse ao tren fluvial do Descenso do Sil para desfrutar da saída desta proba deportiva baixo a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Cada un dos viaxeiros deste tren gratuíto recibía, ao subirse, un pano verde identificativo desta edición.
Entre os que tomaban este tren festivo estaban os membros da charanga Achicoria de Xinzo de Limia, que animaban tanto a saída, ás cinco e media en punto desta tarde, como o traxecto ata Sobradelo. Despois de asistir ás saídas, os viaxeiros subiranse de novo ao tren para iniciar a viaxe de volta ao Barco.
Fotos: A.R.