DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Tres Cuñados FS cae ante o Albense a cinco partidos do final de liga

Os xuvenís, pola súa banda, vencían 6-2 ao Sala Ourense en Calabagueiros

Coa lembranza de Jess moi presente, tanto na mente de xogadores e afeccionados coma na cancha de Calabagueiros na que colgaba unha pancarta adicada ao eterno 3 do Pizarras Tres Cuñados FS, desenvolvíase na tarde do 25 de marzo o partido correspondente á xornada 21ª en segunda división B de fútbol sala.

Un partido no que o primeiro adestrador, Xocas, sancionado, vía dende a bancada e que os valdeorreses acababan perdendo 2-4 ante o Albense FS, sexto clasificado.

Como cabía esperar, o conxunto branco acusa a ausencia dos irmáns Carrera (Bruno aínda non se recuperou do accidente no que Jesús perdeu a vida) e a falta de cinco partidos para que remate a liga (tres a domicilio e dous en casa) sitúanse no 9º posto da clasificación.

Dúas horas antes do partido do equipo sénior, os xuvenís do Tres Cuñados FS, inmersos na liga galega, vencían en casa por 6 goles a 2 ao Sala Ourense, situándose no 7º posto da clasificación.

 

Artigos relacionados

Back to top button