DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Tres Cuñados FS cae en casa ante o Noia

O equipo valdeorrés perdía 4-3 na terceira xornada de liga en segunda B nacional

En plena loita pola Copa Xunta de fútbol sala e con tres partidos de liga disputados, o equipo sénior do Tres Cuñados FS encarrila unha nova tempada en segunda B nacional na que competirá xunto a outros once equipos da parte máis oriental da península.

Tralos empates a tres contra FS Cuéllar en casa e a cinco na cancha do Xove FS, os rapaces de Xocas chegaban á terceira xornada de liga dispostos a seguir sumando puntos, pero non pudo ser. Catro días despois da vitoria 6-2 contra Pontenova na fase de grupos da Copa, e nun horario extraño (domingo pola mañá en lugar de sábado pola tarde), o 16 de outubro medíase no pavillón de Calabagueiros ante outro galego, o Noia FS (segundo clasificado empatado a puntos co líder) que non sen dificultades, acababa vencendo por 4 goles a 3.

A próxima cita do conxunto valdeorrés será no pavillón do Ventorrillo FS.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button