DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Tres Cuñados FS celebra unha nova vitoria en Calabagueiros

O capitán, Bruno, marcaba tres dos catro goles ao Puertas Deyma FS de León

Tralo traspés da semana pasada coa derrota en terras asturianas ante o Boal, o Pizarras Los Tres Cuñados FS regresaba á senda das vitorias na tarde do 20 de outubro. E facíao en casa, no pavillón de Calabagueiros, vencendo 4-1 ao Puertas Deyma de León.

Malia ser un dos colistas, os leoneses non lle puxeron as cousas fáciles aos de Xocas, nun partido “físico, como se esperaba”, aseguran dende o club. Con todo, era Dilín quen adiantaba aos locais no minuto 2 e Bruno facía o segundo no 16′, chegando o tempo de descanso co 2-0 no marcador.

Tralo paso polo vestiario, Bruno marcaba o terceiro gol local e malia que os de León lograban anotar nunha ocasión, o propio Bruno sentenciaba o encontro co 4-1 final.

Tal como explican dende o club, o positivo do partido son os tres puntos que os manteñen no alto da clasificación (son segundos a un punto do líder), e o negativo a lesión de Juanma que esperan e desexan “quede nun susto”.

A vindeira fin de semana, os valdeorreses viaxarán ata terras lucenses para enfrontarse ao Xove FS.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button