DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Tres Cuñados FS empata co Xove FS nun emocionante e intenso partido en Calabagueiros

Ao equipo valdeorrés quédanlle tres partidos para rematar a liga en segunda B

Manterse entre os tres primeiros clasificados para poder xogar a Copa do Rey o ano que vén, é o obxectivo co que o Pizarras Los Tres Cuñados FS afronta a recta final da liga en segunda B, con catro finais pendentes.

A primeira tiña lugar na tarde do 21 de abril no pavillón de Calabagueiros, nun emocionante e intenso partido ante o Xove FS. con alternativas para os dous equipos que fixo as delicias dos asistentes. Dende o club valdeorrés aseguran que “tivemos mala sorte”, con dous goles en propia meta que califican de “demasiado infortunio, demasiado castigo”, e o resultado pudo ser calquera. Pero finalmente houberon de conformarse cun empate a cinco goles.

Agora xa toca pensar na seguinte final que xogarán en Benavente a vindeira fin de semana.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button