DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima horaVídeos

O Tres Cuñados FS lembra a Jess Carrera no primeiro partido de liga, no Barco

 

A súa camiseta (o Nº 3) enmarcada cunha placa nunha das paredes do pavillón de Calabagueiros lembra cada día a Jesús Carrera Carrera un dos xogadores do Piazarras Tres Cuñados FS falecido hai sete anos nun fatídico accidente de tráfico. Tal como dice a placa sempre formará parte do equipo e da familia deportiva de Valdeorras pero cada ano é especialmente homenaxeado co memorial que o seu equipo lle adica no marco das Festas do Cristo do Barco.

Nesta ocasión o 7º Memorial Jess Carrera tiña lugar na tarde deste sábado 14 de setembro, Día do Cristo, coincidindo co inicio da liga na Preferente Sur que este ano comeza un pouco antes.

 

 

Así, tal como veñen facendo dende o ano 2018, antes do primeiro partido da tempada ante o CVC Valladares tres cativos da base do club valdeorrés entregaban un ramo de flores á familia de Jesús. Normalmente eran os pais os que recibían o obsequio entre os aplausos dos xogadores e no medio da cancha, pero nesta ocasión e tralo falecemento do pai, os pequenos subían ata a bancada e entregaban o ramo á nai e ao irmán Bruno Carrera, que visiblemente emocionados e agradecidos, vían o partido como uns afeccionados máis.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button